HORA DE CINE


 “El Rey León”

O vindeiro domingo, día 18  de agosto, ás 20:30 Horas, proxectarase no Local Social da Asociación de Veciños de Carreira (Colexio da Capela, 1º piso), a película de debuxos animados, “El Rey León”.
Aínda que a proxección está pensada para público de tódalas e edades, debido ó escaso aforo do local, daráselle prioridade de entrada ós nenos e nenas de menos de 12 anos.

Con esta proxección queremos comenzar unha serie de actividades adicadas ós máis pequenos da casa para que, deste xeito  compartan parte do seu tempo de lecer con outros nenos e nenas das súas mesmas edades, nestes tempos en que cada vez é máis común que os rapaces empreguen o seu tempo libre en actividades individualistas (videoxogos, consolas, etc).

Esperámosvos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario